29/3/19

KAHOOT

Mirade que actividade tan entretida e tecnolóxica realizamos para repasar todo o que levamos dado sobre ALIMENTACIÓN SAUDABLE .....chámase KAHOOT e trátase de respostar preguntas por medio de dispositivos moviles no menor tempo posible.....encantounos!!!!!










28/3/19

PUPAS EN MUIÑOS

Este mércores 27 de marzo recibimos a visita do personal do centro de saúde de Bande 💉💊 e ademais de ofrecernos unha chala moi instructiva e interesante a par que vital sobre Primeiros Auxilios na vida cotia explicaron as vantaxas de certos alimentos ante certas enfermidades como a Gastroenterite, diabetes, hipertensión...




27/3/19

ALIMENTACIÓN SAUDABLE = DENTES SANS

O luns 25 recibimos a visita do persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense para realizar a charla sobre saúde bucodental. Aprendemos a importancia dunha alimentación saudable e o seu impacto no noso organismo e máis exactamente na nosa dentadura e nas diferentes funcións e órganos do corpo, a prevención de enfermidades bucodentais con bos hábitos alimenticios que benefician ou perxudican aos dentes. 
Os alumnos/as de educación infantil realizaron un mural ben explicativo sobre alimentos bos/malos para os dentes. 



13/3/19

2º PERIODO DE CONSUMO DE LEITE

Nesta semana comezamos co segundo período de CONSUMO DE LEITE FRESCO no horario de lecer .....de paso tamén realizamos algunha que outra actividade relacionada con este producto básico da nosa dieta cotiá.



11/3/19

EXPERIMENTO MARZO: ALMIDÓN EN ALIMENTOS

Seguimos con outro experimento "ALMIDÓN EN ALIMENTOS " desta vez foi a quenda dos alumn@s de Educación Primaria, aquí van unhas instantáneas do experimento e do Lapbook. 



3/3/19

O ENTROIDO CHEGOU AO CEIP VALLE INCLÁN

Por fin chegou o día grande do Entroido !!!!! 👹👻💂👮 este ano o noso disfraz foi de INDIOS pero non unhos caquera senón INDIOS SAUDABLES aquí podedes ver a nosa TRIBU SAUDABLE ao completo... 🔝🔝🔝🔝🔝
As nosas frechas 💫 ían cheas de consellos ben saudables: beber abundante auga 💧, 5 racións de froitas e verduras diarias, actividade física 🏃 , non abusar dos doces....e ademais por se fose pouco a punta da nosas lanzas representaba diferentes alimentos da pirámide alimentaria: carne 🍗, peixe 🐟,  aceite, lácteos  🍶....

E como boa tribu que somos saímos todos/as xuntos a celebrar polo noso pobo o ENTROIDO, acompañados das nosas familias ás que por certo damos grazas por axudarnos a pasar unha estupenda xornada na súa compañía....🎉🎉


O mellor momento foi a nosa visita ao centro de maiores do noso concello e ver o seus disfraces tanto os avoiños e as avoiñas coma o persoal do centro ían de froitas!!!!🍒🍋🍌🍏🍇 a xogo cóa nosa temática saudable deste curso, por certo, co gallo da visita tiñan preparado un picoteo para repor forzas e poder continuar...ata unha piñata en forma de 🍍PIÑA🍍 tiñan preparada ......e alá fomos a polos doces 🍭....que de cando en cando un non fai mal 👅 ... dámoslle as grazas por un recibimento e trato tan agarimoso ao persoal como usuarios/as do centro 👏💕😘
Recorrimos as rúas e pasamos polos diferentes establecementos : farmacia, supermercado,cafetería...tamén polo Xulgado e Concello. Grazas a todos polo afecto demostrado e polas lambetadas 🍭🍬


E ao remate ......de volta ao cole ....onde as familias nos tiñan preparado un picoteo doce e salgado para recuperarnos desta xornada de 🎉Entroido 2019 🎊




1/3/19

XEROGLÍFICOS SAUDABLES

Seredes quen de adiviñar os desta semana? 👀⌛🔍 cada vez póñense máis complicados...lembrade a solución co lector de códigos QR ...sorte 🍀