23/12/18

EXPERIMENTOS CON ALIMENTOS: DECEMBRO, COL DE CORES

Experimentar é o noso ! 
desta vez tocoulle a quenda a COL,e que fixemos? pois cambiámoslle a cor. Como lles gusta aos nosos rapaces e rapazas esto de experimentar e inda máis se o fan traballando en equipo.










NADAL SAUDABLE

Quen dixo que comer san en Nadal non é posible? Aquí tedes a nosa tribu desfrutando dunha estupenda e saudable merenda a base de froita : kiwis, mazás, plátanos, uvas e mandarinas compuxeron esta derradeira merenda do ano. 






EXPERIMENTOS CON ALIMENTOS : NOVEMBRO, TINTA INVISIBLE

Os alimentos non só se empregan para comer, as veces, tamén podemos experimentar con eles e puxémonos mans a obra e comezamos a traballar neste tema e comprobar os efectos e resultados de experimentar. Desta vez foi a quenda do limón, co cal elaboramos tinta invisible ademais de plasmalos nunhos estupendos e didácticos "Lapbook", quereres ver o resultado?.













21/12/18

CAMPO A TRAVÉS

Como ben sabedes para gozar dunha boa saúde ademais dunha alimentación axeitada é necesario practicar deporte, tal e como fixeron os nosos deportistas na xornada do 27 de novembro na actividade "Campo a través" na cal participaron numerosos centros, aquí van algunhas instantáneas da xornada, lembrade hai máis na web do cole. 









5/12/18

A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

O venres 19 de outubro por medio do Instituto Galego de Consumo realizamos no cole un entretido obradoiro sobre A Pirámide dos Alimentos, a vez que aprendemos tamén nos divertimos e mesmo houbo baile e música, entre outras cousas aprendemos a importancia que ten o deporte nas nosas rutinas diarias, o número de raciona diarias de cada alimento e a sua composición. 





INTERNATIONAL FOOD DAY

Na xornada do 16 de outubro, co gallo do INTERNATIONAL FOOD DAY, na materia de inglés estivemos a trabalhar temas tan interesantes como: a importancia cunha dieta saudable, a fame e as desigualdades no mundo en relación coa alimentación e mesmo a elaboración de compós e así contribuir a mellorar o medio ambiente. Aquí vos deixamos unhas instantáneas daquela xornada!!!. 




OBRADOIRO : A DIXESTIÓN

O pasado 15 de outubro recibimos a visita dun científico e o robot Robbie cos cales realizamos un interesante e entretido obradoiro sobre "A Dixestión". Ademais, descubrimos a importante función dos órganos da digestión e a importancia ducha boa alimentación para gozar de boa saúde. 




COMEZAMOS!!!!

Neste novo curso 2018-19 seguimos co Proxecta Aliméntate Ben ante o éxito que tivo o realizado no pasado curso. Agardamos esteades moi atentos/as as nosas actividades.