22/2/19

XEROGLÍFICOS SAUDABLES

Aquí vós deixamos unhos xeroglíficos saudables  para que intentedes descifrar a súa solución 👀 por medio de códigos QR.
 É moi sinxelo descargando un lector de códigos ....sorte a tod@s!!!!🍀🍀🍀






XEROGLÍFICO 1


XEROGLÍFICO 2


XEROGLÍFICO 3




21/2/19

COMPADRES SAUDABLES

O Entroido chegou!!!!  🎉👹👽💃🎶👮🎩👷🎊 e previo paso á celebración elaboramos na aula unhos COMPADRES ben saudables!!! 
Cal deles se salvará? Estade atent@s.....


18/2/19

IT´S FUN TO EAT FRUITS !!!!

Durante unha xornada a aula de inglés converteuse nun mercado de froitas 🍌🍇🍐🍒 .Organizamos a tenda con prezos 📟, etiquetas, quendas para mercar, dependent@s 👫 e caixa rexistradora empregando a moeda de Reino Unido 💶 , a LIBRA para mercar alimentos saudables. 
Hoxe hai cola na tenda e non vale.... colarse!!!!!! 🔝🔝🔝🔝


    



15/2/19

DIETA MEDITERRÁNEA E OUTAS DIETAS

Unha das moitas dietas do mundo é a MEDITERRÁNEA que traballamos en Ciencias Naturais 🍃🐝. 
Baseada nun estilo de vida saudable e a práctica de exercicio físico🏃. Localizamos no mapamundi 📌os países onde podemos atopala e posteriormente identificámolos e coloreámolos no mapa.
Aprendemos sobre as características máis importantes desta dieta destacando o consumo de froitas 🍉, verduras  🌽 e aceite de oliva 🌿.
Finalmente tamén coñecemos características doutras dietas do mundo como: 
A LATINOAMERICANA, A ANGLOSAXOA  ou A ORIENTAL




Por se iso non fose pouco, as profes presentaron unha completa degustación de froitas tropicais 🍍🍊🍑 e exóticas que por certo xa vós digo que estaban moi saborosas!!!!!! entre as máis curiosas tivemos o Litchi e o Kumquat, entre as que máis gustaron o Mango e o Coco.


Logo da desgustación decidimos investigar🔍 un chisco sobre as froitas presentes na degustación e realizamos unhas fichas explicativas que poderes atopar na biblioteca 📕📖 do noso centro en forma de dossier, aquí tedes unhas instantáneas  📷 dos alumn@s traballando nelas. 

















5/2/19

EXPERIMENTO FEBREIRO: CENORIAS MUTANTES

Seguimos a experimentar...a verdade é que somos ben curios@s 👀👀 desta vez foi a quenda das CENORIAS MUTANTES !!!! realizado polos alumn@s de Educación Infantil e por si esto fora pouco ata fixeron un bonito e explicativo lapbook ca información e resultado do experimento, bravo rapaces!!! 👏👏👏👏👏👏. 






2/2/19

OBRADOIRO ALIMENTACIÓN : CONSELLERÍA DE SANIDADE

Esta semana tivemos a sorte de contar con Puri da Concellería de Sanidade que durante un chisco máis dunha sesión estivo a falarnos sobre a RODA ALIMENTARIA, a importancia e a ELABORACIÓN DE MENÚS, realizamos unha ANÁLISE DO MENÚ DO COLE, as FRECUENCIAS DE CONSUMO, a COMPOSICIÓN DOS ALIMENTOS, o NUMERO DE COMIDAS DIARIAS E AS RACIÓNS. Traballamos de xeito cooperativo e lúdico entre pequenos e maiores empregando exemplos ben divertidos.
Engadir que na aula de Educación Infantil e 1º de Primaria os máis peques do cole elaboraron un mural ben bonito e representativo sobre a DISCRIMINACIÓN DE ALIMENTOS SAUDABLES 🍏 E NON SAUDABLES🍩 empregando un material que tod@s coñecemos: os folletos 📖 do supermercado, quedoulles ben  xeitoso verdade?.