15/2/19

DIETA MEDITERRÁNEA E OUTAS DIETAS

Unha das moitas dietas do mundo é a MEDITERRÁNEA que traballamos en Ciencias Naturais 🍃🐝. 
Baseada nun estilo de vida saudable e a práctica de exercicio físico🏃. Localizamos no mapamundi 📌os países onde podemos atopala e posteriormente identificámolos e coloreámolos no mapa.
Aprendemos sobre as características máis importantes desta dieta destacando o consumo de froitas 🍉, verduras  🌽 e aceite de oliva 🌿.
Finalmente tamén coñecemos características doutras dietas do mundo como: 
A LATINOAMERICANA, A ANGLOSAXOA  ou A ORIENTAL




Por se iso non fose pouco, as profes presentaron unha completa degustación de froitas tropicais 🍍🍊🍑 e exóticas que por certo xa vós digo que estaban moi saborosas!!!!!! entre as máis curiosas tivemos o Litchi e o Kumquat, entre as que máis gustaron o Mango e o Coco.


Logo da desgustación decidimos investigar🔍 un chisco sobre as froitas presentes na degustación e realizamos unhas fichas explicativas que poderes atopar na biblioteca 📕📖 do noso centro en forma de dossier, aquí tedes unhas instantáneas  📷 dos alumn@s traballando nelas. 

















No hay comentarios:

Publicar un comentario