22/6/19

PECHE PLAN PROXECTA : A TRIBU SAUDABLE

Como peche final a este ano de traballo e o Plan Proxecta : A Tribu Saudable deixamos este video coas produccións dos alumnos sobre os experimentos con alimentos que mes a mes foron realizando ao longo do curso....de seguro vos encanta!!!! 

FELIZ VERÁN SAUDABLE 👋👋👋




ACTIVIDADE FÍSICA NO 3º TRIMESTRE

Como boa TRIBU SAUDABLE que somos ao longo deste 3º trimestre fixemos varias actividades relacionadas coa actividade física entre elas a visita ao Couto Mixto:



A visita a Porta de Muiños: 



A excursión de fin de curso a ALDEA CAVERNÍCOLA na cal ademais realizamos diversas actividades: canoa, cilindro de auga, tiro con arco, pista de obstáculos, futbolín humano, hinchables, toro mecánico....


Ademais de por suposto todas elas ao aire libre en entornos naturais.

FROITAS EXÓTICAS: PRODUCTO FINAL

Lembrades aquelas fichas que realizou o alumnado con motivo da degustación de froitas exóticas?...pois están gardadiñas dentro dunha piña xigante!!!!! quedan na biblioteca do cole para todos aqueles que queiran velas e saber un chisquiño máis sobre estas froitas tan saudables.


20/6/19

XEADOS SAUDABLES DE AMORODOS



Quen di que os xeados non poden ser saudables? no cole os nosos rapaces e rapazas fixeron uns ben saborosos...damos fe!!!👅 souberon a pouco...
Con ingredentes sinxelos e un pouco de maña fixeron uns xeados moi saudables e saborosos...ademais de ser unha receita para grandes e pequenos podedes probar a facelos doutros sabores: limón, laranxa, amorodo🍋🍊🍉🍈🍇🍌...en fin do que máis vós guste!!!!




13/6/19

EXPERIMENTOS CON ALIMENTOS : FERRO NOS ALIMENTOS E VOLCÁN DE LIMÓN

Neste mes de Xuño os máis pequenos do cole forros os encargados de realizar os experimentos do mes : Ferro nos alimentos e volcán de limón 🍋 co seu correspondente Lapbook.



9/6/19

FROITA NA ESCOLA

No cole do 3 de Maio ao 7 de Xuño participamos no "Plan de Consumo de froitas na Escola", na hora de lecer : plátanos, nectarina, piña, uvas e melón foron as da 1º semana e na 2º:  sandía, pexego, albaricoque, fresas e cereixas 🍇🍉🍊🍌🍍🍑🍒🍓






30/5/19

PLANTAS AROMÁTICAS

Nas últimas semanas vistes que na entrada do cole temos unha pequena horta....de plantas aromáticas coma perixel, menta, cilantro....🌿🌱🍃
Os máis pequenos do cole foron os encargados de facer todos os traballos da horta, comezaron por preparar a terra, sementar as diferentes sementes e finalmente regar....están medrando cada día un chisco, entre o ben que as coidan e o bo tempo destes días!!!!! 🐝🌝