26/4/19

RESOLUCIÓN E GAÑADORES DOS XEROGLÍFICOS

Logo de moito maquinar cos XEROGLÍFICOS SAUDABLES ...chegou o día de por en común as solucións e a cantidade de acertos e erros ....e ben certo é que somos moi bos a hora de resolvelos...aquí quedan unhas instantáneas do momento...📷💥



12/4/19

TRABALLAMOS NA AULA : DIA MUNDIAL DA SAÚDE

Para conmemorar este día, na clase de Ciencias Naturais fixemos un traballo de investigación por equipos. 
Cada grupo eliximos un nome e logo para a nosa axencia de detectives🔍 einvestigamos a orixe, o órgano ou a parte do corpo á que afecta, a causa, os síntomas e o tratamento de distintas enfermidades como a anorexia, a bulimia, o colesterol, a hipertensión arterial, as caries......
Ao rematar, cada grupo espuxo o seu traballo é resto de compañeiros. 


EXPERIMENTO ABRIL: GLOBO MÁXICO

Neste novo mes de Abril é a quenda dos pequenos do cole e o seu experimento....GLOBO MÁXICO 🎈🎈🎈🎈🎈🎈






11/4/19

EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

O luns fomos  ver ao  auditorio EU COCIÑO, TI COCIÑAS?....o novo montaxe teatral  👏👏👏de Mamá Cabra que volta a sorprender a nenos e nenas cos seus ritmos pegadizos e unha historia onde a cociña🍢🍤🍳 é a protagonista, unha proposta innovadora, onde a alimentación saudable é o medio perfecto para traballar aspectos curriculares....







XEROGLÍFICOS SAUDABLES

Xa levamos ben deles...aquí quedan os desta semana ....sorte !!!!! 🍀


6/4/19

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

O 7 de abril é o DIA MUNDIAL DA SAÚDE e esta semana recibimos a visita do persoal da Cruz Vermella para unha charla sobre a temática e así seguir adquirindo coñecementos para o noso Proxecta: Aliméntate Ben.
 Co lema " COME SEGURO, COME SAN " Sara e os compañeiros trataron temas como a importancia da alimentación como base da nosa saúde, evitar riscos de enfermidades por unha mala alimentación e obxectivos tamén do noso plan como promover hábitos de vida saudables e desenvolver actitudes que favorezcan a alimentación sa e diminución de trastornos de alimentación como a obesidade, bulimia, anorexia,etc. 
Aquí tedes unhas instantáneas da xornada.......lembrade tedes máis imaxes na web do centro.



XEROGLÍFICOS SAUDABLES

Aquí deixamos os desta semana ....sorte !!!!! 🍀