30/1/19

ALIMENTACIÓN PARA A PAZ

Con motivo do DIA MUNDIAL DA PAZ 🎉 no centro traballamos un dos dereitos fundamentais dos nenos e nenas :O DEREITO Á ALIMENTACIÓN  e ademais investigamos sobre as diferentes situacións dalgúns países do mundo e as desigualdades que existen  respecto a alimentación. 
Como podedes ver no noso Proxecta Aliméntate Ben non só traballamos sobre a alimentación e os hábitos de vida saudables ademais tratamos o tema dende o punto de vista da aprendizaxe de valores na escola e a concienciación do alumnado sobre as desigualdades presentes no mundo que nos rodea. 



































29/1/19

OBRADOIRO XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

O xogo é fundamental para un desenvolvemento básico na vida dos nenos/as ademais é necesario para un axeitado desenvolvemnto físico e mental . A través do xogo os nenos/as exploran, buscan, proban, descubren, adquieren rutinas, trabajan a cohesión grupal e a aprendizaxe cooperativa. 
A Deputación de Ourense en colaboración co Centro Cultural Popular Xaquín Lorenzo organizan o XIV Obradoiro de xogos Populares e Tradicionais e no centro tivemos a ocasión de contar con Lito para realizar xogos coma: A Rá, Os bolos, A Birolla, A Cega, Os Zancos, Os Peóns entre outros. Ademais de xogar ao xeito tradicional realizamos actividade física ao aire libre , non vós parece unha combinación perfecta?.












28/1/19

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE


A partir de hoxe desfrutaremos do 1º período, durante 20 días, na hora de lecer de leite fresco, grazas ao PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS, HORTALIZAS E LEITE, formando parte esta actividade do noso Proxecta Aliméntate ben. 



25/1/19

KIT HÁBITOS SAUDABLES: EDUCAIXA

No cole estivemos a traballar na aula de infantil co KIT HÁBITOS SAUDABLES  🍏desenvolvido pola Obra Social "La Caixa". Dirixido a promover unha correcta alimentación e unha vida activa, axudando así a conseguir un maior benestar emocional e previr enfermidades. 
Por medio de diferentes e chamativas actividades e a interacción de varios persoaxes: Dr Ruster, Elmo e Cardio permiten descubrir e tomar conciencia do corazón e a súa importancia así como das vantaxes de incorporar hábitos cardiosaudables. 

Aquí deixámosvos unhas instantáneas do traballo en aula: elaboración de merendas e comidas saudables, comparativas dos hábitos na escola e na casa, descubrir novos alimentos, recoñecer hábitos saludables en situacións reais , recoñecer os latexos do corazón e os diferentes estadios de Cardio.
E das actividades realizadas na aula de psicomotricidade:"Postura de gato para estirar o lombo", "Somos flocos de millo", "Leñadores somos" e "Peixes e pescadores"🏃.  





9/1/19

EXPERIMENTOS CON ALIMENTOS: XANEIRO OVO ESPIDO E OVO SALTARÍN

Como vedes logo do Nadal seguimos experimentando, esta vez foi a quenda do OVO e por partida dobre. Por suposto logo de experimentar recompilamos todos os datos nun estupendo e vistoso lapbook.