25/1/19

KIT HÁBITOS SAUDABLES: EDUCAIXA

No cole estivemos a traballar na aula de infantil co KIT HÁBITOS SAUDABLES  🍏desenvolvido pola Obra Social "La Caixa". Dirixido a promover unha correcta alimentación e unha vida activa, axudando así a conseguir un maior benestar emocional e previr enfermidades. 
Por medio de diferentes e chamativas actividades e a interacción de varios persoaxes: Dr Ruster, Elmo e Cardio permiten descubrir e tomar conciencia do corazón e a súa importancia así como das vantaxes de incorporar hábitos cardiosaudables. 

Aquí deixámosvos unhas instantáneas do traballo en aula: elaboración de merendas e comidas saudables, comparativas dos hábitos na escola e na casa, descubrir novos alimentos, recoñecer hábitos saludables en situacións reais , recoñecer os latexos do corazón e os diferentes estadios de Cardio.
E das actividades realizadas na aula de psicomotricidade:"Postura de gato para estirar o lombo", "Somos flocos de millo", "Leñadores somos" e "Peixes e pescadores"🏃.  





No hay comentarios:

Publicar un comentario