27/3/19

ALIMENTACIÓN SAUDABLE = DENTES SANS

O luns 25 recibimos a visita do persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense para realizar a charla sobre saúde bucodental. Aprendemos a importancia dunha alimentación saudable e o seu impacto no noso organismo e máis exactamente na nosa dentadura e nas diferentes funcións e órganos do corpo, a prevención de enfermidades bucodentais con bos hábitos alimenticios que benefician ou perxudican aos dentes. 
Os alumnos/as de educación infantil realizaron un mural ben explicativo sobre alimentos bos/malos para os dentes. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario