3/3/19

O ENTROIDO CHEGOU AO CEIP VALLE INCLÁN

Por fin chegou o día grande do Entroido !!!!! 👹👻💂👮 este ano o noso disfraz foi de INDIOS pero non unhos caquera senón INDIOS SAUDABLES aquí podedes ver a nosa TRIBU SAUDABLE ao completo... 🔝🔝🔝🔝🔝
As nosas frechas 💫 ían cheas de consellos ben saudables: beber abundante auga 💧, 5 racións de froitas e verduras diarias, actividade física 🏃 , non abusar dos doces....e ademais por se fose pouco a punta da nosas lanzas representaba diferentes alimentos da pirámide alimentaria: carne 🍗, peixe 🐟,  aceite, lácteos  🍶....

E como boa tribu que somos saímos todos/as xuntos a celebrar polo noso pobo o ENTROIDO, acompañados das nosas familias ás que por certo damos grazas por axudarnos a pasar unha estupenda xornada na súa compañía....🎉🎉


O mellor momento foi a nosa visita ao centro de maiores do noso concello e ver o seus disfraces tanto os avoiños e as avoiñas coma o persoal do centro ían de froitas!!!!🍒🍋🍌🍏🍇 a xogo cóa nosa temática saudable deste curso, por certo, co gallo da visita tiñan preparado un picoteo para repor forzas e poder continuar...ata unha piñata en forma de 🍍PIÑA🍍 tiñan preparada ......e alá fomos a polos doces 🍭....que de cando en cando un non fai mal 👅 ... dámoslle as grazas por un recibimento e trato tan agarimoso ao persoal como usuarios/as do centro 👏💕😘
Recorrimos as rúas e pasamos polos diferentes establecementos : farmacia, supermercado,cafetería...tamén polo Xulgado e Concello. Grazas a todos polo afecto demostrado e polas lambetadas 🍭🍬


E ao remate ......de volta ao cole ....onde as familias nos tiñan preparado un picoteo doce e salgado para recuperarnos desta xornada de 🎉Entroido 2019 🎊




No hay comentarios:

Publicar un comentario