Logo de moito maquinar cos XEROGLÍFICOS SAUDABLES ...chegou o día de por en común as solucións e a cantidade de acertos e erros ....e ben certo é que somos moi bos a hora de resolvelos...aquí quedan unhas instantáneas do momento...📷💥
26/4/19
14/4/19
12/4/19
TRABALLAMOS NA AULA : DIA MUNDIAL DA SAÚDE
Para conmemorar este día, na clase de Ciencias Naturais fixemos un traballo de investigación por equipos.
Cada grupo eliximos un nome e logo para a nosa axencia de detectives🔍 einvestigamos a orixe, o órgano ou a parte do corpo á que afecta, a causa, os síntomas e o tratamento de distintas enfermidades como a anorexia, a bulimia, o colesterol, a hipertensión arterial, as caries......
Ao rematar, cada grupo espuxo o seu traballo é resto de compañeiros.
11/4/19
EU COCIÑO, TI COCIÑAS?
O luns fomos ver ao auditorio EU COCIÑO, TI COCIÑAS?....o novo montaxe teatral 👏👏👏de Mamá Cabra que volta a sorprender a nenos e nenas cos seus ritmos pegadizos e unha historia onde a cociña🍢🍤🍳 é a protagonista, unha proposta innovadora, onde a alimentación saudable é o medio perfecto para traballar aspectos curriculares....
6/4/19
DIA MUNDIAL DA SAÚDE
O 7 de abril é o DIA MUNDIAL DA SAÚDE e esta semana recibimos a visita do persoal da Cruz Vermella para unha charla sobre a temática e así seguir adquirindo coñecementos para o noso Proxecta: Aliméntate Ben.
Co lema " COME SEGURO, COME SAN " Sara e os compañeiros trataron temas como a importancia da alimentación como base da nosa saúde, evitar riscos de enfermidades por unha mala alimentación e obxectivos tamén do noso plan como promover hábitos de vida saudables e desenvolver actitudes que favorezcan a alimentación sa e diminución de trastornos de alimentación como a obesidade, bulimia, anorexia,etc.
Aquí tedes unhas instantáneas da xornada.......lembrade tedes máis imaxes na web do centro.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
Lembrades aquelas fichas que realizou o alumnado con motivo da degustación de froitas exóticas?...pois están gardadiñas dentro dunha piña x...
-
Como peche final a este ano de traballo e o Plan Proxecta : A Tribu Saudable deixamos este video coas produccións dos alumnos sobre os expe...
-
Con motivo do DIA MUNDIAL DA PAZ 🎉 no centro traballamos un dos dereitos fundamentais dos nenos e nenas : O DEREITO Á ALIMENTACIÓN e ade...

















