30/5/19

PLANTAS AROMÁTICAS

Nas últimas semanas vistes que na entrada do cole temos unha pequena horta....de plantas aromáticas coma perixel, menta, cilantro....🌿🌱🍃
Os máis pequenos do cole foron os encargados de facer todos os traballos da horta, comezaron por preparar a terra, sementar as diferentes sementes e finalmente regar....están medrando cada día un chisco, entre o ben que as coidan e o bo tempo destes días!!!!! 🐝🌝











22/5/19

EXPERIMENTO MAIO: PLASTILINA CASEIRA E LÁMPARA DE LAVA.

Aquí vai o experimento do mes de Maio....desta vez foi a quenda dos alumnos de Educación Primaria,que a falta de un fixeron 2 .... podedes ver os experimentos e os lapbook que fixeron cos datos dos mesmos 💭📘💥🙉😮. Ademais están todos expostos no centro se queredes pasar a velos.















15/5/19

O ELEFANTE COMELLÓN

Logo de moito ensaio....por fin houbo obra....o certo é que foi moito traballo pero compensou pasámolo ben e inda tivemos algunha que outra historia que contar co desmaio da rata...jajajaj 😅




Fixemos dúas funcións a primeira delas na Residencia Virxe da Clamadoira e a segunda na Gardería Infantil....o certo é que tivemos un público ben agradecido.



Damos as grazas a Gardería 👶e máis ao seu persoal e novamente a residencia da terceira idade 👴👵por voltar a colaborar con nós recompensar o noso esforzo cunha merendola🍫🍪🍡🍭🍶 ....GRAZAS A TODOS/AS 




9/5/19

VISITA EROSKI CELANOVA

O luns 6 de Maio e por medio do programa Escola de Alimentación "Enerxía para medrar" 🍋🍉🍛🍞🍗 tivemos unha charla explicativa na cal se falou de:  organización, profesións , seccións, mercadorías presentes nun supermercado, ademais das características e curiosidades dos grupos de alimentos, a súa posición na pirámide alimenticia..... ao remate fomos ata o supermercado EROSKI na vila próxima de Celanova, e unha vez alí puidemos ver con claridade todo o falado, houbo tempo para aprender, facer xogos, degustar e mesmo para algún que outro agasallo....certo é que así, da gusto aprender!!!!!








5/5/19

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE LEITE

Con motivo da visita o martes 30 de Abril do persoal do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para impartirnos unha charla sobre os lácteos, consumo, racións... estivemos a cubrir unha serie de enquistas as familias, alumnos e mestres sobre o consumo de lácteos.
No taller e de xeito ben lúdico, "Lucy e a pandilla de lácteos " en forma de presentación, videoxogo e comecocos amosaron ademais a elaboración, productos derivados e outras moitas curiosidades...aquí deixamos algunhas instantáneas da actividade e lembrade tendes máis na páxina web do noso cole.